O meu nome é Esteban Vázquez, son Enxeñeiro Técnico de Informática e teño un Máster en Dirección de Proxectos pola Universidade de Santiago de Compostela.
Son socio cofundador de Tesla Technologies & Software S.L, e a pesares da miña xuventude (acabo de cumprir os 31 anos), teño unha dilatada carreira dentro do sector TIC.
Qué destacaría da situación actual do Clúster e cal sería o seu obxectivo principal a alcanzar durante o seu mandato?
Persoalmente creo que o Clúster TIC atópase nun punto de inflexión moi importante. Despois de conseguir aglutinar sensibilidades de todo tipo (pequenas empresas, grandes multinacionais e emprendedores) agora ven a fase na que debemos facer un esforzo e tratar de unir todas estas realidades para poder conseguir un sector TIC Galego máis forte.
Para elo debemos prestar unha especial atención ás relacións entre os socios e tratar de buscar mecanismos para que a cooperación entre os mesmos sexa posible.
Finalmente, gustaríame tratar de derribar certas barreiras entre as grandes empresas e as pequenas, xa que hai algúns prexuízos, e estes deben ser eliminados, a fin de contas todos queremos o mesmo no fondo, que é xerar negocio e riqueza.
Qué che impulsou a presentarte para o CODI?
A verdadeira motivación que temos para presentarnos ao CODI, é unir esforzos e sensibilidades con outras empresas.
O perfil da miña empresa é claramente a de unha Startup tecnolóxica. A media de idade da nosa equipa anda polos 24 anos, e temos unha filosofía de empresa substancialmente distinta á filosofía da maioría de empresas do noso sector.
Por iso consideraba unha oportunidade única entrar no CODI, e tratar de aportar a nosa particular visión dos negocios, e cun pouco de sorte e moito traballo, intentaremos tender pontes entre os socios.
Comentarios