Varias das compañías máis potentes e representativas do sector audiovisual galego mostraron xa o seu interese en participar na xornada de networking que o próximo 31 de maio os socios do Cluster TIC Galicia compartirán con membros do Cluster Audiovisual Galego (CLAG) e da asociación Eganet.
Entre as empresas asociadas ao CLAG que manifestaron o seu interese pola xornada encóntranse produtoras especializadas en animación,integradores de servizos audiovisuais e desenvolvedores de aplicacións en 3D. Todas elas consideran que establecer contacto con empresas encadradas no sector galego das tecnoloxías da información e as comunicacións pode ser o punto de partida para desenvolver exitosos proxectos conxuntos.
A xornada de networking programada para o próximo 31 de maio en Santiago de Compostela terá un desenvolvemento similar a que tivo lugar no pasado mes de febreiro, e que recibiu unha valoración moi positiva por parte dos participantes. A diferenza é que, nesta ocasión, a reunión de networking poñerá en contacto empresas TIC con firmas dun sector veciño, como é o audiovisual, co que se poden desenvolver interesantes sinerxías e oportunidades de negocio.
Para participar na xornada é preciso cubrir o formulario de participación e remitilo a: info@clusterticgalicia.com
Comentarios