Emetel remodela os CPD do Concello da Coruña

Emetel remodela os CPD do Concello da Coruña


O Concello da Coruña, a través da compañía galega Emetel, especializada en sistemas de redes e comunicacións, abordou unha remodelación completa dos seus dous Centros de Procesamiento de Datos (CPD), orientada a garantir un espazo seguro e controlable para aloxar os sistemas de información municipais.

O CPD é a localización onde se concentran estes recursos para o procesamiento da información -equipos informáticos e redes de comunicacións- co fin de garantir a continuidade do servizo a clientes, empregados, cidadáns, provedores e empresas colaboradoras nun eido onde é moi importante a protección física dos equipos informáticos e de comunicacións implicados.

A través do proxecto integral deseñado e executado por Emetel realizouse unha renovación completa dos distintos subsistemas: obra civil, electricidade, climatización, armarios e cableado estruturado, seguridade e monitorización. Esta remodelación centrouse tamén en adecuar os CPD á normativa vixente, garantindo a total dispoñibilidade dos servizos e sistemas de información en caso de interrupción eléctrica así como a súa eficiencia enerxética.

Para os CPD do Concello da Coruña desenvolveuse un proxecto chave en man de adaptación á norma TIA-942 (estándar da Telecomunication Industry Association para a implementación de infraestruturas de data center), incluíndo a renovación completa dos distintos subsistemas, considerando un acabado estético que se combina coa operatividade do sistema.

O proceso de remodelación pode verse en:  http://www.youtube.com/watch?v=rwohVkVSR6Y

Fonte: Emetel / Concello da Coruña

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies