ElMuelle Servicios Informáticos: Xornadas de Seguridade Informática e Novas Tecnoloxías

ElMuelle Servicios Informáticos: Xornadas de Seguridade Informática e Novas Tecnoloxías


A Asociación MADOAN de Mulleres en Igualdade en colaboración coa empresa ElMuelle Servicios Informáticos está a organizar unhas XORNADAS DE SEGURIDADE INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS dirixido ás empresas da comarca que queiran saber os riscos informáticos ós que se enfrontan diariamente no desempeño do seu traballo.

Estas Xornadas están cofinanciadas con fondos europeos Feder, polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio no ámbito do Plan Avanza, así como pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

Nas xornadas falarase, entre outras cousas, dos seguintes temas:

- Protección física dos equipos informáticos

- Copias de seguridade

- Seguridade nas redes WiFi

- Virus, troianos, vermes, spyware, etc.

- Opcións de Seguridade de Internet

- DNI Electrónico e Certificados Dixitais

- Comercio electrónico e métodos de pago

- Ameazas de seguridade no correo electrónico

- Fraude Online

Todo isto enfocado a evitar a perda da información importante para a empresa e accesos non desexados á mesma.

Se estás interesado en asistir, as xornadas serán o Xoves 25, Venres 26 e Luns  29 de novembro, de 20:30 a 22:30 nas instalacións de El Muelle, na rúa Condado nº 1 Baixo (Urb. O Lagar) na Pobra do Caramiñal.

Resumo informativo:

XORNADAS DE SEGURIDADE INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS

Ónde: C/ Condado nº 1 Baixo (Urb. O Lagar), Pobra do Caramiñal – instalacións de El Muelle Servicios Informáticos

Cando: Xoves 25, Venres 26 e Luns 29

A qué hora: De 20:30 a 22:30

¿Tes algunha dúbida? Pódese chamar ao 902 88 11 22

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies