Egatel acudirá como cada ano á BroadcastAsia 2014, para presentar as súas últimas novidades en transmisores de TV. A exposición dedicada a Tecnoloxías Dixitais Multimedia e de Entretemento terá lugar no Hotel Marina Bay Sands entre o 17 e o 20 de xuño en Singapur.
Egatel presentará no stand 5K6-05 os seus novos Transmisores de TV de Alta Eficiencia - Banda Ancha da Serie WHET (Wideband High Efficiency Transmitters). A solución Doherty que optimiza a eficiencia dos transmisores é por vez primeira Banda Ancha, o que significa que é aplicable a toda a banda UHF e non será preciso que os operadores fagan ningún cambio nin modificación nos amplificadores ante un cambio de canal.
Como exemplo da Serie WHET, exhibirase un transmisor de 3KW DVB/ISDB (4KW ATSC), modelo TLWH7804. O equipo de refrixeración líquida caracterízase polo seu deseño completamente modular e inclúe un sistema de bombas integrado no mesmo rack que o transmisor. Esta solución optimiza a inversión e o deseño das nosas instalacións.
En refrixeración por aire presentarase e realizaranse demostracións en funcionamento real cun Transmisor Doherty de 600Wrms DVB-T/T2, co que se poden levar a cabo integracións de até 6 amplificadores por rack cun rendemento enerxético inmellorable. O deseño dos amplificadores inclúe aspectos que sintetizan todo o “know-how” de Egatel, evitando a circulación de aire por placas ou compoñentes, redundando fontes de alimentación extraíbles polo frontal ou dispoñendo os ventiladores na parte exterior para unha sinxela substitución sen necesidade de abrir o módulo.
A tecnoloxía Doherty aplicada nos amplificadores proporciona un rendemento de até un 42% en ATSC e 38% en DVB/ISDB, optimizando significativamente o consumo enerxético e, por tanto, os custos de operación.
Con independencia da potencia o sistema de refrixeración utilizado, Egatel ofrece os seus moduladores en deseños de 1U 19" para os estándares DVB-T/-H/T2, ISDB-T/TB y ATSC, cumprindo cos máis altos parámetros técnicos de calidade. A precorrección dixital adaptativa ofrécese de serie en todas as configuracións, facilitando a operación e o mantemento, e co uso de programas de control baseados en servidores web embebidos, memorias extraíbles con inserción frontal para a carga e descarga de configuracións, opcións de monitorización da RF, etc.
Finalmente é de destacar a consolidada oferta de Egatel en solucións de reemisores en baixas potencias, permitindo traballar igualmente en calquera standard e coas máis altas prestacións en canceladores de ecos dinámicos, como así o testemuñan as referencias da empresa en todo o mundo.
Comments