Egatel participa en IBC 2012

Egatel participa en IBC 2012


Egatel estará presente unha vez máis na próxima edición da feira IBC, que terá lugar do 7 ao 11 de setembro en RAI Amsterdam, co obxetivo de reforzar a súa presenza no mercado da radiodifusión.

A empresa presentará no seu stand 8D16 novas configuracións da gama de transmisores UHF de alta potencia con unha alta eficiencia e con refrixeración líquida (serie TLE6800), así como sistemas en media potencia refrixerados por aire capaces de entregar ata 2,4 kW en DVB/ISDB. Igualmente hai que destacar a evolución de moduladores e microtransmisores compactos de DVB-T a DVB-T2 para todo rango de potenzas.

Dentro da serie de transmisores con refrixeración por líquido TLE6800, caracterizada polo seu deseño completamente modular, preséntase a opción de integrar o sistema de bombas no mesmo rack que o transmisor, conseguindo así unha reducción de costes e espazo en planta. A tecnoloxía de transistores LDMOS-50 volt. de última xeración empregada nos amplificadores proporciona un rendemento moi elevado, minimizando significativamente o consumo enerxético e, polo tanto, os costes de operación.

Máis información na web de Egatel.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies