Ednon organiza o Seminario Técnico “Reducción de custes no departamento de TI: Virtualización e Consolidación de Almacenamento”

Ednon organiza o Seminario Técnico “Reducción de custes no departamento de TI: Virtualización e Consolidación de Almacenamento”


Ednon celebra o Seminario Técnico “Reducción de custes no departamento de TI: Virtualización e Consolidación de Almacenamento” o martes, 28 de xuño de 2011 de 11 a 14h na Confederación de Empresarios de Pontevedra, na Avda. García Barbón, 104, 1ª planta en Vigo.

No evento poderán comprobar como os equipos Dell con tecnoloxía SAN iSCSI se integran directamente con VMware vSphere para axudar a reducir o custe e a complexidade da arquitectura da súa infraestrutura de TI. Terán a oportunidade de aprender novas estratexias para construír de xeito sinxelo servidores virtuais e infraestruturas de almacenamento que lle axuden a gañar eficiencia, empregar procesos automáticos para xestiona-las cargas de traballo nos servidores e as súas aplicacións nun entorno protexido, mellora-la eficiencia operativa así como simplificar operacións con unha infraestrutura virtualizada e de almacenamento para reducir custes e ofrecer alta escalabilidade.

O seminario está dirixido a responsables dos departamentos de Tecnoloxías da Información.

A inscrición é gratuita, prégase confirmar asistencia no e-mail eventos@ednon.com Prazas limitadas.

Contacto: Tel. 981552700. E-mail: eventos@ednon.com

Fonte: Ednon

Ler mais

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies