O director xeral de Coremain, Luís Sestelo, durante a súa participación na conferencia Destination Europe 2020, celebrada en Bruxelas, presentou o website Tasting Europe, unha mestura de portal e rede social sobre gastronomía europea cuxa licitación gañaron conxuntamente Coremain e TB Media Consulting, fronte a outras 15 propostas de diferentes países.
Durante a súa intervención nesta conferencia, organizada pola European Travel Commission en cooperación coa Comisión Europea, Luís Sestelo definiu o proxecto como unha experiencia cuxo obxectivo é o deseño e desenvolvemento dun portal web de turismo que proporciona información sobre os eventos gastronómicos de Europa.
Explicou como se recompilou toda a información contactando con oficinas de turismo, con chefs e asociacións relacionadas coa gastronomía de Europa, agradecendo a capacidade de resposta de todos eles que cualificou de impresionante.
O resultado deste traballo é unha xanela aberta á información gastronómica de Europa. Tasting Europe
Comments