Tras un ano 2013 no que a empresa volve ao camiño da rendibilidade, Coremain comenza 2014 con importantes cambios. Un dos principais é a incorporación de Alberto Álvarez Cid como director financeiro, substituíndo a Javier Atán quen deixa a compañía para afrontar outros retos profesionais.
Alberto, aglutina no seu perfil experiencia no mundo da consultoría, en reestruturación corporativa, refinanciamento e tivo tamén experiencia internacional, elementos de sumo interese no plan de desenvolvemento da compañía que acaba de constituír unha empresa en México, co-participada por Valora Consultores e Academia Postal, como punta de lanza para os produtos e servizos da compañía no ámbito da sanidade, telecomunicacións e educación.
A este cambio únese tamén unha reestruturación interna cun elemento común: o proxecto. Toda a compañía céntrase no cliente e elimínanse niveis organizativos para conseguir unha empresa máis flexible que responda con rapidez aos cambios do mercado.
Comentarios