Conferencia "TIC e empresa nos parques empresariais de Galicia"

Conferencia "TIC e empresa nos parques empresariais de Galicia"


Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2011, que se celebra o vindeiro 17 de maio, o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia están a organizar dunha conferencia que terá lugar en Vigo, o 11 de maio, baixo o título "TIC e a empresa nos parques empresariais de Galicia" e na que contamos, aparte da participación co COETG/AETG, coa co-organización da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT), de INEO, Asociación Multisectorial das Novas Tecnoloxías da Información e da comunicación de Galicia e a colaboración da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE). A conferencia terá lugar no Salón de Actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo ás 11.30 horas e nela participarán o noso Decano/Presidente, D. Ramón Bermúdez de Castro; Dna. Edita de Lorenzo, Directora da ETSET de Vigo; D. Fernando Pérez, Director Xeral de GRADIANT; D. Jorge Cebreiros, Presidente de INEO e D. Santiago Gómara, Presidente da FEGAPE.

Máis información na web da AETG/COETG

Confirmación de asistencia no teléfono 986 465 234 ou mail aetg@aetg.org.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies