COETG-AETG invitan ás empresas a unirse como patrocinadoras da XVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

COETG-AETG invitan ás empresas a unirse como patrocinadoras da XVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información


O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) están inmersos na organización da XVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, un dos encontros do sector TIC máis relevantes da nosa comunidade, que reúne á meirande parte das empresas e profesionais, e no que se celebra a entrega dos xa tradicionais Premios Galicia das Telecomunicacións.

O evento este ano está previsto para o vindeiro día 26 de outubro en A Toxa. Esta nova edición estará dedicada ás “Smart Cities”, un concepto de cidades comprometidas co entorno, onde as infraestruturas están dotadas de solucións tecnolóxicas avanzadas para facilitar a interacción das persoas cos elementos urbanos e no que están implicados diferentes sectores, como o enerxético ou o asistencial e mesmo outros, como o de turismo e ocio. 

Este evento contará co patrocinio das empresas máis importantes do sector, sen as cales non sería posible a celebración.

Por iso, dende COETG-AETG invitan a unirse as empresas en calidade de patrocinadoras. Este xesto fará que a empresa teña unha destacada presenza durante o acto, ademáis de outras contraprestacións.

Para máis información sobre o evento en xeral ou sobre o patrocinio, contacte coa secretaría de organización (Srta. Sandra Franco, teléfono 981.596.612) ou na propia sede colexial no teléfono 981.919.300.

Fonte: COETG-AETG

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies