A nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, convocados polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), terá lugar durante o trascurso da XVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebrará o vindeiro 26 de outubro en A Toxa.
As convocatorias que actualmente están abertas para participar son as tres seguintes:
Premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2012. Este galardón está patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos. Coa concesión deste premio, dotado con 6.000 euros, preténdese dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
Premio INEO ao Produto ou Servizo TIC máis innovador de 2012. Este galardón entregarase en colaboración coa Asociación Multisectorial de Nuevas Tecnologías de la Información y la Comunicación (INEO). Con este Premio, de carácter honorífico, preténdese recoñecer ás empresas modelo para o mundo das TICs.
Premio GRADIANT á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2012. O galardón está patrocinado pola Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT). Con este premio, dotado con 2.000 euros, preténdese fomentar a realización de teses doutorais como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC.
A recepción de candidaturas remata para todos os premios o 21 de setembro ás 14:00 horas.
Fonte: Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG)
Bases do Premio Gerardo García Campos
Comments