I Xornada Empresarial de Brokeraxe Tecnolóxica [AEI] Cluster TIC Galicia - Vindeira
Entidades cooperativas do ámbito das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) participarán na Primeira Xornada Empresarial de Brokeraxe Tecnolóxica organizada polo Cluster TIC Galicia e a plataforma tecnolóxica Vindeira. O encontro terá lugar o venres 25 de marzo no Hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela, a partir das 17 horas.
O obxectivo do encontro é fomentar o coñecemento entre estruturas semellantes ?fundamentalmente clusters e agrupacións empresariais innovadoras a nivel nacional e internacional? para facilitar a detección de socios potenciais para o desenvolvemento de proxectos de gran alcance e intensivos en Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i). A movilidade, o
fogar dixital, o
cloud computing, as TIC aplicadas á saúde e os sistemas de información xeográfica serán as temáticas nas que se sondarán as posibilidades de cooperación entre entidades e empresas.
Xunto ao Cluster TIC Galicia e a plataforma tecnolóxica Vindeira, na xornada participarán o Cluster TIC Asturias, o Cluster Audiovisual Galego, a Cámara de Comercio de Israel e TICBioMed, agrupación empresarial innovadora que coordina entidades públicas e privadas da Rexión de Murcia para o impulso da innovación tecnolóxica aplicada á saúde.
Rafael Valcarce, presidente do Cluster TIC Galicia, pronunciará o discurso de apertura da xornada, na que tamén intervirá Antonio Rodríguez del Corral, presidente de Vindeira, e os representantes das demais entidades participantes.
O evento organízase no marco da recentemente constituída Agrupación Empresarial Innovadora [AEI] Cluster TIC Galicia – Vindeira, acreditación que outorga o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio ás entidades que combinan nun espazo xeográfico ou sector produtivo concreto empresas, centros de formación, unidades de investigación e outros axentes, públicos ou privados, involucrados en procesos de cooperación que lles permitan executar proxectos conxuntos de carácter innovador e acadar unha masa crítica tal que poida asegurar a súa competitividade e visibilidade internacionais”. Neste sentido a [AEI] Cluster TIC Galicia – Vindeira busca favorecer á mellora da competitividade das empresas galegas do sector TIC, fundamentalmente a través da I+D+i, e considera estratéxico establecer alianzas con outros axentes nacionais e internacionais.
Sobre os organizadores do evento
O Cluster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro destinada a vertebrar o macro-sector galego das TIC, un ámbito de actividade que representa o 2,15% do PIB da Comunidade Autónoma e 16.000 empregos. Integra máis dun centenar de membros, maioritariamente empresas, pero tamén asociacións empresariais e colexios e asociacións profesionais. O Cluster impulsa a colaboración entre as empresas, coordinando os esforzos dos diferentes axentes en innovación, competitividade, saída a novos mercados e cooperación con administracións e institucións.
Vindeira Plataforma Tecnolóxica Galega das TIC creouse para favorecer a mellora da competitividade das empresas galegas do sector TIC mediante a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, fomentando a participación de todos os axentes, a través dun modelo de xestión aberto, transparente e participativo. Asemade, Vindeira ten como obxectivo definir os desafíos do desenvolvemento tecnolóxico TIC de Galicia, creando unha axenda estratéxica que sexa referencia para as empresas, as administracións e os organismos públicos de I+D.
I Xornada Empresarial de Brokeraxe Tecnológica [AEI] Cluster TIC Galicia – Vindeira
25 de marzo 2011. Santiago de Compostela. Hotel NH Obradoiro
PROGRAMA
17h00 - 17h30 |
Entrega de acreditaciós e documentación |
17h30 - 17h45 |
Apertura do encontro
Rafael Valcarce Baiget, presidente Cluster TIC Galicia |
17h45 - 18h15 |
Presentación das entidades invitadas (I)
AEI TICBiomed
Cluster TIC Asturias |
18h15 - 18h45 |
Coffee-break |
18h45 - 19h15 |
Presentación das entidades invitadas (II)
Cluster Audiovisual de Galicia
Cámara de Comercio de Israel |
19h15 - 19h45 |
Presentación Grupos de Traballo Tecnolóxicos
Antonio Rodríguez del Corral, presidente de Vindeira |
19h45 - 20h00 |
Clausura do encontro |
Nota de prensa
Comments