Cluster TIC Galicia e Cluster Audiovisual Galego asinan un convenio de colaboración

Cluster TIC Galicia e Cluster Audiovisual Galego asinan un convenio de colaboración


Andrés Barbé Riesco, presidente do Cluster Audiovisual Galego (CLAG), e Jesús Lage Fernández, secretario do Cluster TIC Galicia, asinaron hoxe un convenio marco de colaboración entre ambas as dúas entidades asociativas.  O convenio permitirá ao Cluster TIC Galicia e ao CLAG desenvolver liñas de colaboración que abranguerán os campos comercial, formativo, científico e tecnolóxico, optimizando recursos, participando en proxectos conxuntos tanto de ámbito nacional coma internacional, e favorecendo o incremento da competitividade do tecido empresarial galego.

O acordo prevé o desenvolvemento de actividades e iniciativas de cooperación nos seguintes terreos: 

  • Investigación.
  • Transferencia de coñecemento e tecnoloxía.
  • Actividades formativas.
  • Actividades de difusión.
  • Identificación de oportunidades e participación conxunta en proxectos de I+D+i.
O convenio marco terá unha duración de dous años, que poderá ser prorrogada por acordo das partes. Unha comisión de seguimento velará polo cumprimento dos acordos e avaliará os seus resultados.

En relación aos froitos que poderá render o convenio entre o CLAG e o Cluster TIC Galicia, Jesús Lage (que representou ao Cluster ante a imposibilidade da asistencia do seu presidente, Gerardo Crespo) indicou: “Estou convencido de que podemos axudarnos mutuamente a aproveitar mellor os nosos recursos para que as nosas empresas sexan máis fortes, máis competitivas e máis capaces de afrontar con éxito o ineludible reto da internacionalización”.

Pola súa banda, Andrés Barbé salientou que “nun contexto de caída da industria audiovisual tradicional, a transición cara aos formatos dixitais experimentou unha tendencia crecente durante os últimos catro años”. O presidente do CLAG tamén sinalou que “a vertente dixital da industria audiovisual posicionouse como o verdadeiro motor do futuro do sector”.

A rúbrica do acordo tivo lugar esta mañá, no marco da xornada de networking que membros do CLAG e do Cluster TIC Galicia compartiron con asociados de Eganet.  

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies