Cluster TIC Galicia, Cluster Audiovisual Galego e Eganet celebrarán unha xornada de networking o 31 de maio

Cluster TIC Galicia, Cluster Audiovisual Galego e Eganet celebrarán unha xornada de networking o 31 de maio


O próximo 31 de maio, o Cluster Audiovisual Galego (CLAG), o Cluster TIC Galicia e Eganet levarán a cabo unha Xornada de networking en Santiago de Compostela.

Esta xornada será un punto de encontro entre as empresas integradas nas citadas organizacións, co obxectivo de dar o primeiro paso para poñer en marcha oportunidades de negocio conxuntas.

A xornada será presentada polos presidentes do Cluster TIC Galicia, Gerardo Crespo, do CLAG, Andrés Barbé, e de Eganet, Víctor López. A continuación, os presidentes do CLAG e do Cluster TIC asinarán un convenio de colaboración, tras o cal se dará paso ao evento de networking.  

Os integrantes das tres organizacións participantes na xornada manterán entre eles encontros cara a cara. Un sistema de rotación garantirá que, ao cabo da xornada, cada un dos membros dunha organización teña mantido unha reunión con cada un dos membros das outras dúas organizacións.

Esta mecánica xa foi empregada con éxito na primeira Xornada de Negocio e Networking Cluster TIC Galicia, celebrada no pasado mes de febreiro. A grande novidade agora é que as empresas do Cluster TIC poidan coñecer as ofertas e as necesidades de firmas dun sector diferente pero próximo, como é o audiovisual, co que se poden desenvolver importantes sinerxias, ademais de establecer contacto con socios de Eganet.  

Cada participante disporá de fichas de información sobre os demais, coas que poderá preparar os encontros bis a bis.

Para participar nesta Xornada cómpre cubrir o formulario de participación e remitilo a:

info@clusterticgalicia.com

Programa

Formulario de Participación

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies