Busca de empresas interesadas na implantación dun software de xestión de proxectos

Busca de empresas interesadas na implantación dun software de xestión de proxectos


O Clúster TIC Galicia promove o proxecto “Ferramenta de xestión de proxectos: Elastic Projects” que ten por finalidade a implantación en empresas tecnolóxicas do software de xestión Elastic Projects. Dito proxecto está cofinanciado polo Igape e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

A ferramenta a implantar permite organizar e administrar recursos de tal maneira que se poida culminar todo o traballo requirido nun proxecto dentro do alcance, o tempo, e custo definidos. Elastic Projects permite realizar un control de custos do proxecto, un seguimento da evolución, un control das horas de traballo empregadas, implementar procesos de traballo, xestionar a carga e capacidade dos recursos, xestionar a facturación, análise de indicadores (KPI), xestionar a documentación empregada, controlar o acceso de múltiples usuarios á información, ademais pódense facer personalizacións adaptadas ás particularidades dos proxectos que xestiona cada empresa.
Permite a súa integración con outras ferramentas (ERP, programas de contabilidade, páxinas web, etc.). Asemade, esta ferramenta basease no estándar de xestión de proxectos PMBOK (Project Management Body of Knowledge), recomendado polo PMI (Project Management Institute).

Axuntase presentación da ferramenta (ver abaixo descargas) e tamén se pode ver unha demo
en http://network.imatia.com/demos (Usuario: demo; Contrasinal: demouser). Aquelas empresas que requiran unha maior información, poñeranse en contacto coa empresa propietaria do software para analizar con máis detalle si se adapta ás súas necesidades.

As empresas que estean interesadas en participar no proxecto deberán contactar canto antes co grupo de xestión do Clúster (info@clusterticgalicia.com; telf. 881 939 651), pois tan só hai 7 prazas e as empresas serán escollidas por orde de manifesto de interese.

None

Presentación_Elastic_Project

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies