Boletín Cluster TIC Galicia, nº 8. Editorial

Boletín Cluster TIC Galicia, nº 8. Editorial


None



Por Rafael Valcarce Baiget, presidente do Cluster TIC Galicia.

Prezado socio:

O próximo 8 de xuño vai ser un día moi importante para o noso Cluster TIC. Nesa data, e en Santiago de Compostela, celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria do Cluster e, a continuación, presentaremos o Plan Estratéxico 2011-2013. Xuntando os dous eventos nunha mesma xornada quixemos aproveitar ao máximo os recursos e facilitar a participación dos socios.

Xa temos falado da importancia que terá o Plan Estratéxico como folla de ruta do sector TIC galego, coa que queremos avanzar cara a tres obxectivos: converter o Cluster TIC Galicia na organización integradora do macro-sector; incrementar a competitividade dos membros da entidade e promover o crecemento da cifra de negocio dos socios do Cluster. Integración, Competitividade e Crecemento serán, polo tanto, as ideas-forza en torno ás que xirará a presentación pública do documento.

E nesa presentación non estaremos sos. Como non podía ser doutro xeito, acompañaranos unha importante representación do empresariado e da sociedade civil galega, así como do Goberno da Comunidade Autónoma, co seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, ao frente.

Antes diso teremos celebrado a Asemblea Xeral, da que confío en que o Cluster saia reforzado na súa cohesión en no compromiso de todos para seguir traballando conforme ás liñas marcadas. Nesa xuntanza teremos ocasión de facer balance do feito ao longo do último ano e medio.

Quero destacar, neste sentido, o labor desenvolvido polos grupos de traballo e de todas as persoas que desinteresadamente teñen posto o seu esforzo ao servizo dos obxectivos comúns. Sen ese esforzo e esa xenerosidade non tería sido posible poñer en marcha os primeiros plans formativos, ter acadado a calificación como Agrupación Empresarial Innovadora, estar participando en iniciativas de internacionalización, ter desenvolvido ferramentas de comunicación interna, estar impulsando o Plan Tencolóxico-Industrial que necesita a nosa comunidade autónoma e, en definitiva, ter hoxe unha ampla aceptación e consideración como a entidade de referencia do macro-sector TIC galego. E isto non so por parte das administracións, sinon tamén das universidades, do tecido empresarial e das diferentes institucións.

O obxectivo non pode ser outro que o de seguir traballando conforme ás follas de ruta establecidas.

Na medida en seamos capaces de integrar os múltiples intereses que se plantexan e os legítimos personalismos que siempre xurden, seremos quen de acadar máis e mellores resultados. Faremos así do Cluster TIC Galicia unha entidade cada día máis integrada e máis capaz de ofrecer aos seus membros servizos que os axuden a ser máis competitivos e, á sociedade galega, unha voz comprometida co seu benestar e prosperidade.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies