As TIC, sector prioritario na misión de investidores a Angola convocada polo ICEX

As TIC, sector prioritario na misión de investidores a Angola convocada polo ICEX


A Secretaría de Estado de Comercio de España, a través do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) e a Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España en Luanda, coa colaboración do Grupo de Traballo de África Subsahariana (GTAS), organiza durante a semana do 26 ao 30 de marzo de 2012 en Angola unha misión de investidores, enmarcada dentro dos programas dirixidos á internacionalización da empresa española. Os sector das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) é un dos elixidos como prioritarios, aínda que non excluíntes, para esta misión. Ademáis das TIC, dase preferencia aos sectores Agroindustrial; Materiais de Construción;  Construción civil, e Infraestruturas de transporte, sanitarias, de enerxía e auga. O ICEX informa de que o obxectivo desta misión é ” facilitar a identificación de oportunidades de investimento e cooperación empresarial (proxectos de investimento, implantación e participación en licitacións), así como de potenciais socios, en Angola”. De feito, os participantes poderán ter un contacto directo con empresarios angolanos interesados en establecer alianzas estratéxicas para materializar os proxectos de investimento de empresas españolas, coñecer de primeira man as posibilidades de investimento neste país e coñecer o marco regulatorio do investimento estranxeiro.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies