- 81% das empresas socias prevé incrementar a plantilla durante o ano
- Un 67% ten aberto, actualmente, procesos de contratación
- Hai perfís con alta demanda que non se atopan no mercado
O Clúster TIC Galicia vén de realizar unha enquisa interna entre as súas empresas socias para ver a situación do emprego TIC en Galicia e as previsión que as empresas teñen para este ano 2015.
Nestes momentos temos a un 67% de empresas con procesos abertos de selección de persoal. Os perfís máis demandados son: programación en Java; programación en distintistas plataformas para Comercio Electrónico; desenvolvedores de apps para móbiles; Virtualización; e consultores e comerciais TIC.
O 90% das prazas que se ofertan son para Galicia e en maior medida para as cidades de Santiago, A Coruña e Vigo. No exterior destaca Madrid e os países latinoamericanos.
O 81% prevé aumentar a plantilla durante o ano 2015, cunhas porcentaxes medias de incremento dun 30%. En canto aos factores que provocan estas necesidades de persoal destaca a diversificación do negocio, cun 30%; o crecemento do mercado local, nun 26%; e a internacionalización cun 19%.
As empresas TIC detectan unha mellora da situación económica nos distintos sectores produtivos galegos así como unha importante recuperación en investimentos de I+D. Ademais detectan que o propio sector TIC está máis especializado polo que a competencia é menor e a as posibilidades de colaboración moito maiores.
Todas as empresas indican dificultades para conseguir os perfís requiridos e achacan este problema á alta cualificación que se precisa neste sector. Como medida apuntan a posibilidade de adecuar outros perfís para cubrir a demanda, como pode ser o caso de determinadas especialidades da formación regrada de grao medio e profesionais nas labores de consultoría e comercialización.
Á vista dos resultados a situación é alentadora, tanto polo número de empregos que se xerarán como polas a previsión de crecemento e expansión das empresas TIC galegas.
En medios:
Código Cero |
As TIC galegas prevén aumentar cadro de persoal nun 30% ao longo deste anoEFE |
Las TIC gallegas prevén incrementar su plantilla en un 30 por ciento en el 2015Expansión |
Las empresas TIC prevén crear unos 2.000 empleosVigo al Minuto |
As TIC galegas, que aumentarán un 30% a súa plantilla en 2015, buscan programadoresBlog
ANPA Agromar Agolada |
As TIC galegas prevén aumentar cadro de persoal nun 30% ao longo deste ano
Comentarios