Arcade Consultores – Inforhouse incorpórase ao Cluster TIC Galicia

Arcade Consultores – Inforhouse incorpórase ao Cluster TIC Galicia


O Cluster TIC Galicia conta cun novo socio. Trátase de Arcade Consultores – Inforhouse, S.L., unha firma de capital cen por cen galego dedicada á prestación dun amplo catálogo de servizos TIC, desde o mantemento de hardware e software ata outsourcing, pasando por consultoría, instalacións, proxectos de I+D+i e formación.A compañía tamén ofrece solucións de almacenamento, sistemas e servidores, comunicacións, microinformática, sistemas de control e software de xestion e específico para despachos e pemes.O grupo empresarial conformouse no 2005, e dende esta data ven obtendo un crecemento constante, como resultado de ir asumindo progresivamente un maior número de proxectos e unha oferta máis ampla no eido das novas tecnoloxías. A compañía presenta o servizo ao cliente e a calidade como as chaves do seu modelo de negocio. Conta para iso cun equipo de técnicos especializados nas principais solución, tecnoloxías e ferramentas do mercado. A certificación do seu  sistema de xestión de calidade baixo as normas ISO 9001:2008 e ISO 20000 refrendan o compromiso coa calidade de Arcade Consultores – Inforhouse.Un dos máis recentes éxitos do novo socio do Cluster foi a adxudicación, por parte da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, da subministración da plataforma e servizos asociados para os  seus novos sistemas de almacenamiento no Centro de Proceso de Datos central.Arcade Consultores – Inforhouse ten a súa sede central en Santiago de Compostela.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies