Apoio á innovación das pemes, a través do programa Innoempresa 2012

Apoio á innovación das pemes, a través do programa Innoempresa 2012


A Consellería de Economía e Industria vén de publicar, a través do Igape, a convocatoria das axudas, cofinanciadas con fondos Feder a través do Goberno do Estado, para facilitar a incorporación da innovación aos procesos e produtos das pemes galegas.

As liñas convocadas son as seguintes:  


  •  IG127  -Proxectos que impliquen a adopción de novos modelos empresariais innovadores mediante a implantación de ferramentas de xestión avanzada.
  • IG129 - Proxectos de deseño de novo produto, puidendo incluir elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación sempre que estean asociados ao novo produto no mesmo proxecto.
  • IG131- Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico aplicado desenvolvidos por pemes que impliquen a creación ou mellora substancial dun produto, proceso produtivo ou servizo de maior nivel tecnolóxico para adecuar a súa oferta ás esixencias dos mercados.
  • IG132 - Implantación e certificación de acordo coas normas UNE 166.001 (proxectos de I+D+i) e UNE 166.002 (sistemas de xestión da I+D+i).
  • IG134 - Proxectos presentados por grupos de empresas cuxa actividade forme parte da cadea de valor global dun produto, a través de proxectos integrados de xestión loxística, medioambiental ou enerxética e outros proxectos innovadores de implantación conxunta, como enxeñería concurrente ou deseño distribuído, destinados a mellorar procesos e produtos de empresas relacionadas pola cadea de valor.
  • IG 135 - Proxectos de identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas  comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies