Almorzos e negocios Clúster TIC Galicia

Almorzos e negocios Clúster TIC Galicia


Comezamos unha nova actividade para potenciar a colaboración, coñecemento e negocio entre empresas socias.

Favorecer o factor arrastre e dar a coñecer os produtos e capacidades das TIC galegas son os dous motores nos que baseamos este proxecto.



METODOLOXÍA XERAL  DOS ALMORZOS

  • Acorde as indicacións de interese dadas polos socios, o Clúster irá organizando almorzos coas persoas, empresas e entidades.
  • A persoa|empresa|entidade convidada será quen especifique as características que busca e determinará as súas preferencias de reunión entre os socios que manifesten o seu interese.
  • O número de prazas máximo será de 5 para que a posibilidade de presentación, negocio e xantar sexa realmente posible.
  • A escolla dos participantes farase pola parte convidada e se esta recusara será o Clúster o que o faga en base a criterios de maior potencial de negocio, segundo os datos dos que dispoñemos das visitas realizadas ás empresas.
  • O almorzo farase na localidade galega que indique a parte convidada e o Clúster xestionará o lugar de encontro.

QUÉN PODE PARTICIPAR?
As empresas socias que teñan produto con potencial de negocio para o convidado. Terán prioridade as PEMES. A participación das entidades pertencentes ao Comité de Dirección (CODI) queda supeditada a dispoñibilidade de prazas.

CANTOS PARTICIPANTES HABERÁ EN CADA ALMORZO?
A parte convidada e 5 entidades socias (prazas limitadas a 1 persoa por entidade)

INSCRICIÓNS
  • Accede e cubre os datos no formulario.
  • Non esquezas especificar e dar detalle dos produtos e servizos dos que farías a presentación.
Recomendámosche que fagas a maior descrición posible e as potencialidades que se conseguiría coa colaboración da parte convidada.

1º ALMORZO DO CLÚSTER TIC...

None

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies