Acordos adotados polo Comité Estratéxico na súa reunión do 18 de outubro

Acordos adotados polo Comité Estratéxico na súa reunión do 18 de outubro


Na súa reunión do 18 de outubro de 2012, o Comité Estratéxico do (COES) Cluster TIC Galicia adoptou os seguintes acordos:

Aprobación por unanimidade da acta da reunión anterior, celebrada o día 13 de setembro de 2012

Para cubrir vacantes no COES, aprobouse incorporar a este órgano un membro do Grupo 1, outro membro do Grupo 2 e tres membros do Grupo 3.

Por proposta do presidente, deuse luz verde ás seguintes delegacións de responsabilidades:

  • Presidente: Responsable da Axenda Estratéxica de I+D / Grandes Iniciativas TIC do Cluster.
  • Vicepresidente: Responsable do proxecto da actualización continua do Plan Estratéxico, así como do esponsable proxecto de relacións con CDTI.
  • Tesoureiro: Responsable do Plan Operativo anual do Cluster.

Aprobáronse os seguintes proxectos propostos polo presidente para os cales é necesario nomear un responsable:

  • Fomento da internacionalización e catálogo de produtos das empresas do Cluster
  • Formación interna do Cluster.
  • Relacións con asociacións e clústeres TIC españois e internacionais.
  • Iniciativas TIC con asociacións e clústeres de sectores produtivos galegos.
  • Marketing interno do Cluster.
  • "Voluntariado Dixital".
  • Atracción de investimentos de multinacionais.

Aprobouse, así mesmo, que o presidente lidere o grupo de traballo que se forme para a reforma dos Estatutos e do Regulamento de Réxime Interno.

Acordouse comunicar á Universidade de Vigo que non se conseguiu o consenso suficiente para apoiar a implantación do grao en Enxeñaría Física no Campus de Ourense.

Decidiuse que o Cluster TIC non ofreza apoio solicitado por Gal-Eventos clúster, porque non se considera un organismo directamente vinculado.

Finalmente, facendo uso dunha potestade que lle confierne o punto 9 do Regulamento de Réxime Interno, o COES acordou eliminar a cota de reingreso para os socios que se reincorporan ao Cluster.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies