A Facultade de Informática da Coruña ven de anunciar a celebración dun acto de homenaxe ao profesor e investigador Víctor M. Gulías Fernández.
Esta homenaxe terá lugar o próximo venres 27 de abril ás 19.00 h no salón de actos deste centro académico e estará presidida polo reitor da Universidade da Coruña (UDC), Xosé Luís Armesto Barbeito. Contará tamén coa presenza de membros das distintas universidades, centros de investigación e empresas do sector das TIC coas que Víctor Gulías mantiña relación.
A Facultade fai estensiva a invitación a calquera persoa que desexe asistir ao acto.
Unha referencia no mundo académico.
O profesor Víctos M. Gulías Fernández finou o pasado 28 de xeneiro, aos 41 anos de idade. Era un dos referentes da formación e a investigación tecnolóxica en Galicia e, no momento do seu pasamento, era o director do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), profesor titular da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e socio fundador de LambdaStream, empresa nacida na UDC.
Comentarios