O decálogo do Clúster TIC, que está xa aprobado, será marco de referencia para o crecemento e mellora das TIC galegas.
O Clúster TIC Galicia celebrou a súa Asemblea anual cunha alta participación dos socios que ratificaron por unanimidade todos os puntos da orde do día.
Previa á Asemblea os socios participaron nunha charla sobre Compra Pública Innovadora (CPI), na que a Directora da Área de Programas, Pilar Morgade e o Coordinador da Unidade de Planificación e Cooperación Estratéxica, Enrique Rohrer da Axencia Galega de Innovación (GAIN), expuxeron as claves da CPI, das necesidades detectadas e das oportunidades que se lles abren ás empresas do sector TIC neste eido.
A continuación celebrouse a Asemblea na que se rendeu conta do traballo feito até o de agora, da situación económica que tivo un resultado de superávit e que nos permitirá desenvolver máis proxectos até final de ano. Tamén marcaron as liñas de acción a executar nos próximos meses.
Con alta participación e ampla implicación, os socios do Clúster aprobaron por unanimidade a continuidade de accións nas que se potencie o empresariado TIC ampliando a carteira de proxectos colaborativos e abrindo posibilidades de negocio en mercados internacionais. Todas estas accións deben enmarcarse no “Decálogo de medidas estratéxicas” que se está elaborando coas aportacións dos socios e que será a referencia tanto para a concreción e planificación de actividades Clúster, como para ter unha estratexia común consolidada e de posicionamento ante entidades e institucións.
Decálogo de medidas Clúster TIC
Co obxectivo de definir e consolidar a estratexia TIC, o Clúster aprobou o seu decálogo coas aportacións dos socios. As medidas recollidas no decálogo enmarcan o traballo do Clúster coas diferentes axencias e institucións con competencias en TIC. O titular de cada unha das medidas é:
None
Comments