A Cátedra UAM Telefónica convoca a segunda edición dos Premios á innovación para desenvolvemento de aplicacións para contornas móbiles

A Cátedra UAM Telefónica convoca a segunda edición dos Premios á innovación para desenvolvemento de aplicacións para contornas móbiles


A Cátedra UAM Telefóniva ven de convocar a segunda edición dos Premios á innovación para desenvolvemento de aplicacións para contornas móbiles. Trátase dunha convocatoria dirixida a particulares (estudiantes, investigadores, etcétera), pero tamén a grupos de investigación e pequenas e medianas empresas (pemes). O prazo para a presentación de candidaturas remata o 31 de xaneiro.

Para participar no certame abonda con presentar unha idea que permita o desenvolvemento dunha aplicación novidosa para dispositivos móbiles e que fagan ou poidan facer uso das redes de comounicación móbiles de Telefónica. O único que se esixe é unha descrición da idea, sen necesidade de presentar o seu desenvolvemento técnico. Esta idea debe explicarse nun documento dun máximo de catro páxinas.

O primeiro premio está dotado con 10.000 euros e o segundo, con 5.000. Ambos os dous poden ser gañados por calquera participante. O terceiro premio, de 3.000 euros, está reservado a participantes que non sexan empresas. A Cátedra UAM Telefónica asegura ademáis que calquera das ideas presentadas pode terminar sendo unha realidade, previa negociación con Telefónica, sempre e cando a compañía a crea interesante e sempre respectando os dereitos do autor sobre a súa idea.

Fonte: Cátedra UAM Telefónica

Ler a convocatoria

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies