Durante o evento ICT 2013, que está a ter lugar do 6 ao 8 de novembro en Vilna (Lituania), presentáronse as principais liñas de traballo da temática TIC dentro de Horizonte 2020.
Destaca a presentación oficial do borrador do Programa de Traballo 2014-2015 en TIC que, se ben non está aprobado de xeito formal, consitúe a folla de ruta para os próximos meses con respecto a todas as actuación de apoio á industria TIC no marco do Programa Horizonte 2020, e que se pode consultar dende a páxina web de DG CONNECT. Asimesmo, para facilitar o seguimento do novo modo de traballo asociado ao programa de financiamento da investigación, a Comisión Europea publicou unha guía das actividades relacionadas coa temática TIC no Programa de Traballo 2014-105, guía na que se especifica a relación dos distintos programas e liñas de traballo de Horizonte 2020 que teñen que ver co ecosistema TIC.
Por outra banda, o Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO) ven de remozar a web da súa Oficina Europea, convertíndoa no Portal español do Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea (esHorizonte2020), portal onde concentrará a información de interese que xurda do novo marco de financiamento. Así, esta mesma semana, o portal publicou unha comparativa entre os mecanismos do antigo FP7 e Horizonte 2020 que sirve de recordatorio dos cambios nos procesos de financimento e os retos de ambos programas.
Por último, cómpre destacar que a primeira convocatoria TIC dentro do Programa Horizonte 2020 lanzarase o vindeiro 11 de decembro de 2013. Desde o Cluster TIC Galicia estamos a disposición de tódolos socios e entidades interesadas en participar de forma activa neste novo marco de traballo, polo que se seguirán de preto todas as accións e actividades dentro do Programa Horizonte 2020.
Comments