A Axenda estratéxica de I+D+i incluirá proxectos capaces de dinamizar a economía galega

A Axenda estratéxica de I+D+i incluirá proxectos capaces de dinamizar a economía galega


O grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, en colaboración con Vindeira, ten feito significativos avances na elaboración da Axenda estratéxica de I+D+i. Están fixadas xa as liñas mestras dunha ducia de proxectos que abranguen sectores como os servizos financeiros, o turismo, o comercio, o transporte, o apoio ás pemes ou o chamado terceiro sector.A idea forza que impulsa a elaboración desta Axenda estratéxica de I+D+i é xerar grandes proxectos TIC capaces de dinamizar a economía galega e que xeren base tecnolóxica propia. Para iso, as iniciativas incluídas no plan deberán estar en condicións de atraer financiamento estatal e europeo, serán desenvolvementos factibles a medio prazo por parte do sector TIC galego e estarán orientados á exportación.Preténdese tamén que os proxectos incluídos na Axenda poidan xerar novas empresas de base tecnolóxica e que neles participen grupos de I+D das universidades e dos centros tecnolóxicos de Galicia.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies