A Asemblea Xeral Ordinaria do Cluster TIC Galicia terá lugar o próximo día 8 de xuño. O lugar de celebración será o salón de actos do Centro Social Novacaixagalicia en Santiago de Compostela, no número 17 de praza de Cervantes.
O inicio da asemblea está fixado para as 9:30 horas en primeira convocatoria e para as 10 horas en segunda.
A xuntanza desenvolverase de acordo á seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria anterior, de 17-06-2010.
2. Ratificación de altas - baixas e cotas ordinarias.
3. Presentación e ratificación do informe de xestión do Comité Estratéxico e do Comité de Dirección.
4. Presentación e aprobación, se procede, das contas do exercicio 2010.
5. Presentación e ratificación do Plan Operativo d0 2011.
6. Presentación e aprobación, se procede, do orzamento de 2011.
7. Rogos e preguntas.
Tal e como establecen os estatutos do Cluster, a convocatoria da Asemblea Xeral e a súa orde do día foron aprobadas polo Comité Estratéxico e comunicados de xeito oficial a todos os membros da organización, aos que se remitiron tamén os formularios para a delegación do voto.
Delegación voto empresas grupo 1
Delegación voto empresas grupo 2
Delegación voto empresas grupo 3
Delegación voto asociacións e colexios
Comments