70 empresas TIC de Galicia incorpóranse ao Clúster

70 empresas TIC de Galicia incorpóranse ao Clúster


Os cambios organizativos aprobados na asemblea do Clúster permitiron consolidar o acordo para a reunificación dunha importante parte do sector das novas tecnoloxías da comunicación e da información. Un feito que abre novas portas de crecemento e expansión.

O acordo establecido fará que o Clúster sexa máis aberto e participativo e, con maior claridade, o punto de unión e de colaboración entre grandes e pequenas empresas, e o de tódolos axentes TIC de Galicia implicados na innovación que xunto ao bon facer, xa demostrado, das asociacións empresariais e dos colexios profesionais, que xa traballan no Clúster, como é o caso de INEO, AMETIC, COETG e CPEIG facilitarán e axilizarán a consecución dos grandes retos que o sector ten que acometer.

Tamén se abriu a porta á entrada de emprendedores TIC, grandes clientes, asociacións de demandantes TIC e centros tecnolóxicos. Esta apertura era unha necesidade ampliamente detectada e demandada e que será a base para traballar e convertirnos nun polo de coñecemento e excelencia TIC.

O Clúster, que ahora conta con 116 entidades, seguirá traballando para chegar a acordos semellantes con outros importantes axentes do sector, coa vista posta na oportunidade da estratexia RIS (estratexia de especialización) de Galicia, que nos esixe asentar o modelo de innovación colaborativa e de consolidar unha cadea de produción, exportación e emprego TIC de calidade en Galicia.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies