1ª Xuntanza Debate Clúster TIC – 3 de Outubro ás 18:00 horas

1ª Xuntanza Debate Clúster TIC – 3 de Outubro ás 18:00 horas


Con carácter bimensual e de xeito permanente, o Clúster crea este foro no que se informará e propoñerán temas de actualidade para que os socios poidan opinar e deste xeito axudar a canalizar as accións do Clúster TIC.

De xeito directo, áxil e distendido pretendemos xerar un punto de encontro para que as ideas e opinións tomen forma, axilicen e dinamicen o Clúster, ao tempo que se xeran confianzas que serán o comezo dunha unión de esforzos que facilitará a creación de grupos de traballo e de novos proxectos en colaboración.

Aproveitaremos estas xuntanzas para informarvos das últimas actividades e reunións que mantivemos como representantes do Clúster e deste xeito ter máis dinamismo na comunicación con todas as entidades adheridas. Un xeito de que a participación sexa máis activa e que o voso parecer sexa escoitado e recollido con máis rapidez e fluidez do que permite a convocatoria de Asemblea Xeral.

Agardamos contar coa túa participación!
________________________________________

1ª CONVOCATORIA ÁS XUNTANZAS DEBATE CLÚSTER TIC

Día: xoves, 3 de Outubro
Hora: 18:00 horas
Lugar: Sede do Clúster - Edificio FEUGA  – Santiago de Compostela

ORDE DO DÍA

1.    Informe das últimas actuacións do Clúster TIC Galicia
2.    Proposta de creación de Grupos de Traballo
3.    Varios.- Libre intervención

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión o crea una cuenta
Modificar cookies