· O Clúster TIC Galicia participou en Medellín nun foro empresarial sobre o sector TIC
· Galicia e Colombia acordan crear un grupo de traballo para explorar vías de colaboración na industria TIC
· A Xunta presentou os avances de Galicia na aplicación deste sector aos servizos públicos, como é o caso da e-Administración ou a e-Saúde
· Tamén se subscribiu un acordo de irmandade con Antioquia, cuxa capital -Medellín- é considerada un dos ecosistemas tecnolóxicos máis recoñecidos a nivel internacional
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou -na cidade de Medellín- nun encontro empresarial do sector TIC que Colombia pode converterse nun socio estratéxico para Galicia en proxectos como o Polo Aeroespacial ou a Cidade das TIC da Coruña.
Tal e como indicou Conde, Galicia quere estreitar lazos con Colombia e por iso acordouse acreación dun comité de traballo para explorar vías de cooperación e expandir así o modelo colaborativo que caracteriza a forma de traballar do TIC galego.
Durante este foro do sector TIC, Francisco Conde aproveitou para explicar os avances que Galicia ten feito á hora de aplicar as TIC nos servizos públicos, como é o caso da e-Administración ou a e-Saúde. Tamén se abordou a aposta de Galicia pola Compra Pública Innovadora.
Conde explicou queMedellín, a capital do departamento de Antioquia, está considerada como un dos ecosistemas tecnolóxicos máis recoñecidos a nivel internacional, motivo polo que, previo á celebración deste foro TIC, aprobouse un acordo de irmandade entreGalicia e esta rexión. Neste sentido, o vicepresidente económico da Xunta deGalicia agradeceu ao gobernador de Antioquia, Aníbal Gaviria, a disposición a formalizar esta alianza que permitirá seguir consolidando vínculos entreGalicia e Colombia nun eido tan concreto como o TIC.
O obxectivo final é desenvolver fórmulas de cooperación económica, identificar oportunidades de colaboración e intercambios entre empresas. Así mesmo, tamén se fortalecerá a cooperación eneidos como a educación, a cultura ou a I+D+i.
Comentarios