everis cambia a súa marca a NTT Data

Silvia Camesella,

everis cambia a súa marca a NTT Data


everis anunciou que cambia a súa marca por NTT DATA. A compañía xaponesa, propietaria de everis desde o ano 2014, é a sexta compañía de servizos TI do mundo segundo Gartner, está presente en máis de 50 países, formada por preto de 140.000 empregados e cuns ingresos de 22.000 millóns de dólares.

Desde a adquisición de everis por parte de NTT DATA hai 7 anos, ambas as marcas estiveron traballando xuntas para mellorar, fortalecer e facer crecer o negocio nos mercados onde everis está presente. Con este cambio de marca efectuado nos 17 países nos que everis tiña presenza, a compañía seguirá apostando por ofrecer aos seus clientes unha experiencia e visión locais apoiadas por maiores capacidades globais.

everis, fundada hai 25 anos, efectúa este proceso de cambio de marca en liña coa estratexia de crecemento e dunha única marca global levada a cabo por NTT DATA en todo o Grupo, co obxectivo de simplificar e fortalecer a súa organización cunha identidade común que reflicte unha a visión compartida e permite unha maior colaboración a nivel mundial.

Este movemento fortalece a marca NTT DATA, permitíndolle aumentar a súa oferta de solucións innovadoras e servizos de alta calidade a clientes de todo o mundo e acompañalos no seu crecemento e procesos de dixitalización. Fritz Hoderlein, CEO de NTT DATA Europe & Latam explicou que: “este cambio de marca posiciónanos como unha empresa máis global, que continuará, como sempre acompañando de maneira local e personalizada aos nosos clientes. O que empeza hoxe supón unha oportunidade para seguir marcando a diferenza, como NTT DATA, a través da tecnoloxía e brindar a mellor traxectoria profesional para a nosa xente a nivel mundial”.

Sobre NTT DATA

NTT DATA, parte do Grupo NTT, é unha compañía innovadora global de servizos empresariais e de IT con sede en Tokio. A empresa axuda aos clientes no seu proceso de transformación a través de consultoría, solucións industriais, servizos de procesos comerciais, modernización dixital e de IT e servizos administrados. NTT DATA permítelles a eles, así como á sociedade, avanzar con confianza cara ao futuro dixital. A compañía demostra o seu compromiso co éxito a longo prazo dos seus clientes, combinando o alcance global coa atención local, para traballar con eles en máis de 50 países de todo o mundo.

Para saber máis, visita nttdata. com.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies