A Coruña conta xa cunha compañía dentro do consorcio AS4 EDI2020.
Trátase de Docuten, empresa que conta con máis de 12 anos de experiencia no mundo da dixitalización administrativa e que ten na súa carteira de clientes a xigantes como Desigual, Bimba e Lola, Hijos de Rivera ou Grupo Alumán.
E é que Docuten continúa cun crecemento imparable.
Tras concluír con éxito a súa participación no proxecto EURINV, como única compañía española, agora embárcase no proxecto AS4 EDI2020, cofinanciado pola Comisión Europea a través do programa CEF Telecom e xestionado por HaDEA.
“No noso afán pola mellora continua da plataforma, dos nosos servizos e de promover a dixitalización como axente do cambio nacional e internacional, estamos orgullosos de anunciar que Docuten xa forma parte do proxecto AS4 EDI2020”, afirma Brais Méndez, CEO de Docuten.
Baixo a supervisión e coordinación do IRTIC (Instituto de Robótica e Tecnoloxías da información e a Comunicación), da Universidade de Valencia ( UVG), os participantes traballarán para instaurar e promover o uso de eDelivery DSI entre entidades públicas e privadas mediante a integración do CEF eDelivery AS4 Profile.
Deste xeito, tanto Docuten como o resto de participantes do consorcio, beneficiarán a numerosos axentes como empresas, organismos do sector público e cidadáns ao permitir intercambiar información transfronteiriza sen complicacións. Isto conséguese ao reducir barreiras técnicas de entrada, e contribuír á expansión do eIDAS ERDS a través dunha infraestrutura dixital que garante a seguridade e confidencialidade das súas mensaxes de acordo a requirimentos establecidos pola Unión Europea.
Comments