Os socios que formen parte da Asociación de Empresarios de Agrela poderán gozar dun 10% de desconto nos servizos ofrecidos por Docuten, así como doutras vantaxes.
O obxectivo da proposta de Docuten é fomentar o uso dos servizos de firma dixital e facturación electrónica entre as empresas do polígono.
Docuten informou á Asociación de Empresarios de Agrela dunha proposta con condicións especiais para os seus socios, co obxectivo de impulsar a dixitalización administrativa entre as empresas do polígono.
Docuten ten como misión converter aos seus clientes, medianas e grandes empresas, en compañías sen papel a través da dixitalización administrativa. Ademais de asesoramento, baixo este acordo ofrecerá un 10% de desconto e un período de proba e testing a aqueles socios interesados en dispoñer dos servizos de factura electrónica e/ou de firma dixital de documentos. Ao incorporar Docuten ao seu traballo, os socios poderán beneficiarse de todas as vantaxes da dixitalización. Promover a eliminación do papel, recortar tempo en tarefas rutineiras como a xestión manual de facturas nos sistemas de contabilidade, evitar a perda de documentación ou cumprir cos requirimentos legais en tempo e forma, serán algunhas das vantaxes que lles permitirán aforrar custos e tempo, mellorar a eficiencia e a operatividade dos seus procesos.
Os profesionais de Docuten quedan ao dispor das empresas do polígono para ampliarlles información sobre este acordo e sobre os propios servizos da compañía.
Comentarios