Cristóbal Ramos participou no II Foro de Tecnoloxía e Negocio de APD

Silvia Camesella,

Cristóbal Ramos participou no II Foro de Tecnoloxía e Negocio de APD


O socio-director de negocio de Plexus Tech, Cristóbal Ramos participou, o pasado xoves 16 de marzo, no II Foro de Tecnoloxía e Negocio realizado por ADP. Nunha gran xornada de debate, a intervención do noso director enfocouse na necesidade das empresas de “navegar nunha contorna cambiante, coa tecnoloxía por bandeira”.

Dentro do evento realizado no Hotel Oca Porta do Camiño de Santiago, Cristóbal Ramos participou nun diálogo directivo, xunto a Guillermo Arbelo, director xeral de ACS en ARSYS, baixo o título “tecnoloxía, innovación e estratexia: unha alianza de futuro”.

Durante a súa intervención, Cristóbal Ramos, puxo en valor o crecemento, a unha velocidade de vertixe, de Plexus Tech, un desenvolvemento que, así mesmo, require a captación continua de novo talento, o que non resulta sinxelo. “Somos conscientes de que a demanda de postos é moi superior á oferta e seguimos enfocados en atopar unha solución a este reto”, destacou no encontro.

En relación coa temática do relatorio, insistiu tamén en que a transformación dixital dunha empresa non trata só de dar as ferramentas tecnolóxicas necesarias, senón en “crear unha cultura de empresa que sexa capaz de valorar o positivo e adaptarse á nova realidade que nos permiten os avances en múltiples materias”.

Por iso, para lograr este obxectivo, destacou que só é posible logralo sendo didácticos. "Ningunha profesión será allea á tecnoloxía, pero temos que ser conscientes de que hai unha brecha xeracional á que temos que apoiar. E ese tamén ten que ser un traballo de todos", concluíu Cristóbal Ramos.

O debate encaixouse dentro da gran xornada organizada por APD, baixo o título “O camiño cara á organización exponencial”. Con ela, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) Zona Noroeste, da que o noso CEO e Fundador, Antonio Agrasar, é membro do Consello de Administración, abordou as necesidades tecnolóxicas, de presente e futuro, para as empresas galegas.


Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies