Antonio Agrasar: "Temos que ser capaces de achegar a Universidade á empresa”

Silvia Camesella,

Antonio Agrasar: "Temos que ser capaces de achegar a Universidade á empresa”


Antonio Agrasar,  CEO de  Plexus  Tech, participou o pasado xoves 17 de marzo en “Conversacións con Andrés Alonso Seisdedos” un foro organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia.

Sendo o talento o piar fundamental do éxito de  Plexus  Tech, Agrasar reflexionou sobre o futuro do talento e da formación, que pasa por un entendemento maior entre o mundo académico e o laboral:

"Temos que ser capaces de achegar a Universidade á empresa e viceversa. Esta conxunción debería estar moito máis implicada, moito máis "enganchada", declarou o compostelán. "Non é posible que se poñan portas a carreiras que necesitan profesionais de forma inmediata, e doutra banda haxa mozas licenciados sen traballo e con poucos  visos de telo”, asegurou.

O debate sobre a empregabilidade, especialmente entre os mozos, é para Agrasar unha cuestión crucial de fronte ao futuro da empresa, e debe ser abordado desde o ámbito académico para preparar correctamente aos futuros traballadores cos coñecementos necesarios para ter un futuro laboral real.

“Hai perfís que teñen que  reinventarse con 30 anos debido á escaseza de oportunidades laborais derivada dos seus estudos, isto non debería pasar”, comentou. “A tecnoloxía debería ser unha competencia transversal desde secundaria ata o final da carreira. Non haberá ningunha profesión que non teña que ter coñecementos tecnolóxicos básicos".

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies