Cada ano máis de mil ofertas quedan vacantes en Galicia por falta de perfís tecnolóxicos e dixitais. Co obxectivo de paliar este déficit de talento TIC, Campus Dual presentou a segunda edición do Master de Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital. O programa formativo duplica este ano a súa capacidade coa incorporación da Universidade da Coruña, que está finalizando os trámites para impartir unha titulación en A Coruña, que desde o setembro pasado se imparte con gran éxito na Universidade de Vigo.
O Máster, que abriu esta semana o seu prazo de preinscrición, ofrece aos aspirantes a oportunidade de formarse nas empresas tecnolóxicas e dixitais galegas, da man de profesionais en activo e co aval da Universidade. Os alumnos, que non necesitan ter un coñecemento previo de programación, capacitaranse nas profesións máis demandadas polo mercado: programador, consultor TIC ou xestor de proxectos tecnolóxicos e dixitais.
O postgrado está orientado a graduados en ADE, Empresariais, Dereito ou calquera otra titulación que queiran mellorar a súa empregabilidade no sector dixital; a perfís tecnolóxicos senior que queiran reorientar a súa carreira cara a economía dixital e a profesionais do marketing que necesiten reforzar os seus coñecementos en programación.
Campus Dual, unha iniciativa que crece
Campus Dual é unha iniciativa impulsada polas empresas do Clúster TIC, universidades e administración, para formar de maneira áxil e na empresa aos perfís dixitais e tecnolóxicos máis demandados. Un proxecto colaborativo e aberto á participación e implicación de novas empresas e universidades, que queiran propor novos programas formativos, participar nos existentes, outorgar títulos compartidos ou facilitar a formación práctica nas súas instalacións.
Impulsado nun primeiro momento pola empresa tecnolóxica Imatia, o Clúster TIC e a Universidade de Vigo, a iniciativa demostra o seu carácter aberto incorporando nos últimos meses novos partners como Abanca, a consultora dixital Bysidecar ou a Universidade da Coruña. En breve, espérase incorporar novos partners que mostraron o seu interese.
Conscientes da importancia de crear canteira TIC para impulsar a economía dixital en Galicia, o pasado mes de abril puxeron en marcha un curso solidario e gratuíto para ofrecer formación como desenvolvedor fullstack a estudantes de FP e desempregados. Unha iniciativa que tivo unha gran repercusión social e que permitiu a unha trintena de alumnos capacitarse para traballar en proxectos tecnolóxicos e facilitar a súa inserción laboral.
Formación Dual, unha fórmula innovadora
Campus Dual apostou por mellorar a empregabilidade dos alumnos cunha fórmula innovadora: a formación dual universitaria, que permite aos alumnos formarse na Universidade e capacitarse ao mesmo tempo nas empresas, integrándose en equipos de traballo reais e con prácticas remuneradas.
Para adaptarse á nova realidade das empresas tras o COVID-19, nesta edición do Máster o 90% da formación impártese de modo presencial a través de Internet, e só os venres as clases son presenciais na Universidade de Vigo ou A Coruña. O Máster inclúe 4 meses de formación en remoto e 6 meses de prácticas (4 de eles remunerados por un mínimo de 500€/mes).
Tras a realización do Máster, os alumnos adquirirán novas habilidades que os capacitarán para traballar na nova economía dixital, como a experiencia de traballo en equipo, a planificación e execución de proxectos, metodoloxías áxiles, bases de datos relacionais, desenvolvementos de back-end e interfaces web e orientación a cliente e a negocio.
Máis información en:
Master Desarrollo de Software y Negocio Digital
Comentarios