22 November 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Varro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela), de ...
22 October 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 June 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo o ...
22 June 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 June 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 November 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 October 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 April 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 March 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 March 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 April 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...