Seis empresas socias do Clúster TIC Galicia participan no evento tecnolóxico eMerge Americas en Miami

Silvia Camesella,

Seis empresas socias do Clúster TIC Galicia participan no evento tecnolóxico eMerge Americas en Miami


Seis empresas do Clúster TIC Galicia veñen departicipar no evento tecnolóxico eMerge Americas, que tivo lugar o 18 e 19 deabril en Miami. Quobis, sg tech, Councilbox, a consultora APDTIC, Librebit e Inverbis Analytics asistiron a esta feira, unha das máis importantes de toda América, onde se dan cita emprendedores, investidores, empresas emerxentes e líderes no sector tecnolóxico e institucións, polo que supón unha oportunidade única para captar novas opcións de negocio nun dos principais mercados tecnolóxicos do mundo.

Durante a misión, organizada polo Grupo deTraballo de Internacionalización da entidade, co apoio do Igape e o financiamento do ICEX, tiveron a oportunidade de reunirse persoalmente con multitude de axentes económicos de interese. 

Mantiveron xuntanzas coa antena do Igape, ICEX en Miami, Miami-DadeCouncil, Beacon Council, a Cámara de Comercio de España – EE.UU. en Florida, (US Spain Chamber of Commerce)e Abanca USA. Ademais, concarácter paralelo, participaron na xornada organizada polo ICEX para coñecer oecosistema de innovación da cidade e facer networking con diferentes organismos e empresas de Miami. Así mesmo, puideron asistir a dous eventos paralelos: StartupOle e Venture Café Miami.

A misión pretende agora avanzar en dúas posibles liñas, por un lado, explorar se o Clúster TIC Galicia pode participar na Cámara de Comercio de España – EE.UU., e por outro, realizar un sesión informativa entre as empresas socias e o ICEX. O obxectivo é reforzar o posicionamento do ecosistema empresarialTIC galego nun lugar de referencia a nivel internacional e potenciar as boas relacións comerciais entre Galicia e Estados Unidos, explorando novas oportunidades de negocio.

 

Na fotografía, de esquerda a dereita: Fernando Ordóñez, Chief Business Development Officer en sg tech; AgustínTourón, cofundador de Councilbox; André Castelo, socio director de APDTIC; Carlos Rodríguez, CEO de Librebit; Iago Soto, CMO e cofundador de Quobis, José Nogueira, presidente de Xesol Innovation e John Wallace, Head of Sales and Business Development de Inverbis Analytics.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies