PuntoGal celebra achegada do Nadal cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nosrexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter oseu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estaránvixentes desde o día 12 e ata o 29 de decembro.
Para poderaproveitar a promoción de desconto nos prezos do .gal que trae o Apalpador, épreciso dirixirse ás empresas rexistradoras Blacknight, Arsys, Dinahosting, INWX, CDMon, Openprovider,Radia e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizoscon rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas dasempresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súasnecesidades. Toda a información atópase na páxina www.dominio.gal/promocions/.
PuntoGal, que xa supera os 6.700 dominios rexistrados,segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións eempresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galegapoidan facelo cun prezo competitivo.
A campaña, centrada na figura do Apalpador, foiredeseñada por Xoana Pousacreadora multidisciplinar coruñesa formada en Belas Artes, coñecida tamén comaCuchiflainas polo seu proxecto de roupa, accesorios e ilustración.
O dominio continúa co seu programa corporativo de apoio ainiciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as últimasactividades realizadas figura o patrocinio dos VII Premios Paraugas, que recoñecen as mellores estratexias de creatividade,deseño, edición, industria gráfica, márketing e comunicación, ou os VI PremiosSpin-Off PuntoGal, que distinguen a transferencia de coñecemento entre a universidadepública e a empres e alentan o emprendemento que xorde desde osgrupos de investigación.
Comments