Esta formación para PEMES é froito da colaboración do Clúster TIC con IFFE Business School e conta co financiamento do IGAPE
PROGRAMA FORMATIVO PARA ABORDAR A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E ADAPTARSE ÁS NECESIDADES DA INDUSTRIA 4.0
A necesidade das PEMES galegas de adaptarse aos condicionantes da Industria 4.0 é o fundamento deste programa de especialización que está pensado para todas aquelas pequenas e medianas empresas galegas que precisen abordar os procesos de transformación dixital no curto e medio prazo.
A formación, ofertada por especialistas previamente seleccionados polo IFFE Business School, porá o foco en alcanzar os seguintes obxectivos:
A metodoloxía do curso suma os beneficios das aulas presenciais cos dos repositorios online con notas técnicas, webinars, bibliografía especializacada e o acceso aos foros do Campus Virtual de IFFE Business School. A maiores, de forma recurrente os alumnos e alumnas coñecerán de primeira man as experiencias de profesionais de éxito no ámbito da Industria 4.0.
O programa inclúe prácticas en centros tecnolóxicos galegos e empresas do sector. Podes ler en detalle aquí o programa formativo.
HORARIOS E INSCRICIÓN NA FORMACIÓN
Esta formación está dirixida a PEMES galegas con especial foco no persoal encargado da seguridade da información. Esto aplica para traballadores por conta allea, autónomos dependentes e fundadores, entre outros. A inscrición está tamén aberta a persoal doutros outros sectores que presenten interese na temática da transformación dixital e a Industria 4.0.
Os horarios formativos están pensados para poder ser compatibilizados coa actividade laboral. Por este motivo as sesións terán lugar nos meses de setembro e outubro os venres pola tarde os sábados pola mañá no campus que IFFE Business School ten na Coruña ata completar o total de 64 horas de formación.
Este progama formativo conta con unha subvención do 70% por parte do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), o que reduce a 580€ o custo total da formación.
As prazas son limitadas e o Clúster TIC valorará de forma individual cada candidatura para comprobar a vinculación da empresa coa temática do curso. A maiores teránse en conta criterios como a presencia ou non de discapacidade e fomentarase a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Podes solicitar a túa praza a través deste formulario de inscrición ata o 3 de agosto.
Se precisas máis información, os membros do clúster están á túa disposición no enderezo electrónico info@clusterticgalicia.com ou no teléfono 881 939 651
Comentarios