Plexus Tech participa activamente no Talentia Summit, feira de emprego referencia de talento

Silvia Camesella,

Plexus Tech participa activamente no Talentia Summit, feira de emprego referencia de talento


Plexus Tech participou nunha edición máis de Talentia Summit, a maior feira de talento e emprego de Galicia. Esta nova edición, realizada de forma virtual e presencial, tivo lugar en Santiago de Compostela no edificio administrativo de CERSIA do 11 ao 18 de novembro.

Co lema “Desata o potencial do talento”, nesta edición de 2022 do evento Plexus Tech contou cunha caseta virtual onde María Barbeira e Uxía Ponche, compoñentes da área de Captación de Talento, xestionaron un espazo para a conversación cos e as profesionais que visitaron a caseta para falar de talento, emprego e proxección profesional.

Plexus Tech é unha compañía comprometida co talento autonómico e nacional, e acudiu ao evento promocionando multitude de oportunidades laborais en diversas áreas de desenvolvemento, todas elas con diferentes graos de traballo híbrido e recursos de formación continua líderes no sector.

Ademais das casetas de empresas, a feira promoveu unha serie de webinars, tanto en formato vídeo como presentacións, nas que se trataron temas relevantes dentro do mercado laboral como o Persoal Branding ou as últimas metodoloxías de traballo en equipo.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies