Plexus Tech acada o nivel AWS Advanced Partner

Silvia Camesella,

Plexus Tech acada o nivel AWS Advanced Partner


  • Este recoñecemento consolida a súa aposta pola nube e reforza a súa capacidade para a transformación dixital dos clientes

Un fito moi especial para Plexus Tech: alcanzamos oficialmente a categoría de AWS Advanced Partner. Este logro consolida a súa aposta pola nube, reforzando ademais a súa capacidade para acompañar aos clientes nos seus procesos de transformación dixital.

Neste sentido, o recoñecemento pon en valor a experiencia da compañía na definición, implantación e operación de solucións sobre AWS para organizacións de diferentes sectores. E tamén distingue o traballo do seu equipo de profesionais.

Ao mesmo tempo, este fito está apoiado por máis de 34 certificacións AWS, uns recoñecementos que avalan as súas capacidades técnicas e o seu compromiso coa excelencia, a innovación e a xeración de valor para clientes. N a actualidade, en Plexus Tech contan cunha sólida práctica cloud e un equipo altamente especializado, preparado para afrontar os retos tecnolóxicos máis esixentes.

En todo caso, a certificación como AWS Advanced Partner supón un paso máis na súa definida estratexia empresarial. Deste xeito, seguirán investindo en talento, especialización e capacidades cloud para axudar ás súas organizacións para innovar máis rápido, optimizar as súas operacións e aproveitar todo o potencial da IA, os datos e as arquitecturas cloud nativas.

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies