O equipo Captioma Steams gaña a VII edición da FIRST LEGO League Galicia, organizada pola Universidade da Coruña

Silvia Camesella,

O equipo Captioma Steams gaña a VII edición da FIRST LEGO League Galicia, organizada pola Universidade da Coruña


O Captioma Steams de Ourense impúxose este sábado na VII edición da First Lego League Galicia, organizada pola Universidade da Coruña con carácter online. Unha das participantes deste equipo, Lucía Cid, está no programa de bolsas “Eres STEM”,  no que colabora o Clúster TIC Galicia, que garanten a gratuidade absoluta na actividade de ensino extraescolar STEM de Captioma para alumnas de entre 14 e 17 anos, e cuxo obxectivo é incentivar a presenza feminina en disciplinas científico-tecnolóxicas. 

O podio da First Lego League Galicia completouse con Efigy Girls Las Acacias, co Segundo Premio da Universidade da Coruña, e con Las Acacias Bot, de Vigo, co Premio Concello de Ferrol ao Proxecto de Innovación. O acto de entrega de premios será o sábado, 5 de xuño, en Serantes (Ferrol). Estes tres equipos representarán na Galicia na gran final nacional, que terá lugar os días 26 e 27 de xuño, en streaming desde Tenerife.

Na competición  participaron 250 rapaces de 34 equipos procedentes de toda Galicia, con idades comprendidas entre 10 e 16 anos, que tiñan como cometido solventar problemas do mundo real, como a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía e, ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal, como o traballo en equipo, a solución de problemas e a comunicación. 

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies