Organiza unha misión comercial con empresas socias para captar perfístecnolóxicos e manter reunións con axentes estratéxicos do sector
Viaxa xunto a unha delegación integrada por Dimensiona, Macrotest, Imatia, GBTEC, Catemo e Campus Dual TIC
O Clúster TIC Galicia participa, xunto a unha delegación de empresas socias, nas feiras de emprego de Bos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai), organizadas pola Xunta de Galicia entre o 6 e o 10 marzo, no marco do Programa Retorna Cualifica Emprego 2025. O obxectivo é atraer talento tecnolóxico interesado en integrarse no mercado laboral de Galicia, co foco posto nos galegos residentes no exterior que desexen regresar á súa terra.
A misión comercial está conformada por Dimensiona, consultora especializada na prestación de servizos no ámbito das TIC; Macrotest, organización que ofrece servizos TI e solucións de negocio innovadoras; Imatia, experta en desenvolvemento de software para a mellora da produtividade; GBTEC, provedora de software de xestión e automatización de procesos de negocio e gobernanza, risco e cumprimento; Catemo, consultora de RRHH; e Campus Dual TIC, o portal educativo impulsado polo propio Clúster.
Durante a súa viaxe a Arxentina e Uruguai, a entidade aproveitará para captar aqueles perfís con maior demanda entre as súas compañías socias, así como manter reunións con diferentes axentes estratéxicos, partners ou posibles clientes potenciais.
Difusión das ofertas laborais
A feira de Bos Aires celebrarase o 6 e o 7 de marzo no Centro Español da capital arxentina e a de Montevideo terá lugar o 10 de marzo no Hotel Raddison Victoria Plaza. Con carácter paralelo, a Xunta está a difundir tanto os eventos como as ofertas de traballo vacantes a través do portal do Programa Retorna Cualifica Emprego coa finalidade de concertar, de forma previa, as reunións das diferentes xornadas.
Ademais das entrevistas aos candidatos, as feiras, nas que tamén estarán presentes outras agrupacións de empresas de Galicia, contan cun amplo programa de relatorios relacionados co emprego e as oportunidades laborais na nosacomunidade.
Sobre o Clúster TIC Galicia
O Clúster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro integrada por 145 socios, entre grandes empresas (15), pequenas empresas (125) e centros tecnolóxicos, colexios e asociacións profesionais (5), que supoñen unha facturación conxunta de 1,17 millóns de euros e ao redor de 19.000 traballadores.
O seu obxectivo, desde a súa fundación en 2008, é impulsar a colaboración e sinerxías entre empresas, administracións e institucións para incrementar a competitividade, a transformación tecnolóxica, saída a novos mercados e favorecer o cambio de modelo produtivo cara unha economía baseada na innovación, capaz de crear riqueza e emprego de calidade.
¡Ola! ¿Poderíamos habilitar algúns servizos adicionais para Analytics, Security & Marketing? Sempre poderá cambiar ou retirar o séu consentimento máis tarde.
Comentarios