Hoxe participamos na presentación da escola tech para profesionais tecnolóxicos THE KEY SCHOOL, impulsada polo Grupo Nortempo, no Centro de Servicios Avanzados (CSA) da Cidade das TIC da Coruña.
Durante o acto, levouse a cabo unha mesa redonda sobre o "Impacto da IA no desenvolvemento empresarial e profesional galego", moderada polo presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodriguez del Corral, e que contou coa presenza de:
✔️ Constantino Fernández Pico, presidente de Altia.
✔️ Javier Martínez Torres, CEO de Possible Incorporated S.L. e director académico do programa de Enxeñeiro de IA Xenerativa.
✔️ Amparo Alonso, investigadora do CITIC Centro de Investigacion TIC - Universidade da Coruña.
✔️ Alfonso Martínez, experto en TIC.
The Key está dirixida a perfís tecnolóxicos que queiran dar o salto e especializarse en áreas de elevada cualificación, cunha alta demanda empresarial.
A escola nace co compromiso da empregabilidade. Por unha banda, asegurando ao alumnado cualificación de primeiro nivel para o mercado laboral especializado; e por outro, proporcionando ás empresas persoas cualificadas para desempeñar as súas funcións con garantías.
O propósito deste novo proxecto é potenciar a tecnoloxía como chave do crecemento profesional, a competitividade empresarial e o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
Máis información: https://thekeyschool.es
Comentarios