O Clúster TIC Galicia adxudica a Zabala Innovation o servizo de consultoría para a elaboración do Plan Director da Industria das TIC

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia adxudica a Zabala Innovation o servizo de consultoría para a elaboración do Plan Director da Industria das TIC


O Clúster TIC Galicia vén de adxudicar a Zabala Innovation a contratación dun servizo de consultoría para a elaboración do Plan Director da Industria das TIC. A consultora internacional, referente na estratexia de innovación e financiamento da I+D+i, terá que apoiar á entidade na recollida de información, redacción e aprobación desta folla de roteiro estratéxica para o sector tecnolóxico galego.

Ademais, terá que realizar as seguintes tarefas:

  • Elaborar o plan director da industria das TIC, acompañar ao Clúster TIC Galicia nos trámites e incorporar as modificacións que poidar xurdir ata a súa aprobación no Consello da Xunta.
  • Investigar instrumentos financeiros públicos, presentes e futuros, que apoien a implementación das medidas recollidas no plan director.

As empresas concursantes cuxas propostas non resultaron escollidas na contratación teñen ata o 27 de febreiro de 2025, incluído, para presentar calquera tipo de alegación. Consulta aquí a acta da mesa de valoración do concurso.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies