Inforhouse estará presente no seu espazo virtual no Talentia Summit 2023, a maior feira virtual do talento e o emprego, o 14 e o 16 de novembro.
Este encontro, de carácter anual, está centrado na innovación, tecnoloxía e talento. Nesta edición, explorararase o futuro do traballo e como a intelixencia artificial está a transformar o mercado laboral.
Inforhouse participa por segundo ano consecutivo neste foro e feira virtual de emprego, como xeito de achegar a empresa ao mercado laboral, permitindo que posibles candidatas e candidatos poidan formar parte do futuro da compañía e a coñezan de preto.
Comments