Sinatura do convenio ViraxeTIC entre a AMTEGA, o Cluster Audiovisual Galego e o Cluster TIC Galicia

Sinatura do convenio ViraxeTIC entre a AMTEGA, o Cluster Audiovisual Galego e o Cluster TIC Galicia


Venres 29 de xullo, ás 11.30h no Edificio CINC da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

O convenio ViraxeTIC, impulsado pola Xunta de Galicia a través da AMTEGA, e os clusters dos sectores TIC e audiovisual, ten por obxectivo a posta en marcha dun programa de impulso para os contidos dixitais en Galicia.

O acto de sinatura será presidido pola Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, xunto aos Presidentes de ambas asociacións. 

Ademais, durante o acto de sinatura, Manuel Balsera, Director Comercial e de Marketing de AMC Networks International Iberia, realizará unha breve intervención titulada "A revolución dixital: diagnóstico e exemplos" onde realizará unha reflexión sobre a importancia actual dos contidos dixitais. 

Prégase confirmación de asistencia
a través dos enderezos electrónicos info@clusterticgalicia.com ou cluster@clag.es.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies